Xornada
Artes conxugadas A o fío da MULLER
Evento de creación horizontal e colaborativa que se constrúe tecendo con fíos de arte, sumando experiencias e miradas femininas, dende a realidade á sublimación, un escintileo, un canto, un grito ou unha rasgadura que nos aúna e invita a celebrar o que somos:
Poesía, arte, conferencias, performance, videocreación, talleres abertos de creatividade, documental, testemuñas, amigas e amigos, nun enredo tecido para gozar, compartir e sumar.
As actividades realizáronse durante todo o día 5 de marzo no local OLALAB Acción Cultural. Foi un evento creado para gozar e compartir, para achegarnos e coñecernos. Fagamos tecido social e que a arte sexa a escusa perfecta para ser máis e sumar máis entre nós visibilizando o traballo das mulleres no eido das artes neste fermoso tapiz colaborativo. O proxecto e una porposta autoxestionada que nace do interese dos distintos axentes culturais. Adriana Pazos Ottón artista e xestora cultural coordina e dirixe o deseño da proposta.
OLALAB Acción Cultural, aglutina e alberga de forma colaborativa a xornada de acción artística. Colabora na difusión a Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago. Particpan os artistas: Alba Souto, Alicia López, Amabel González Troncoso, Ana Costas, Blanca Cendán, Claudia Brenlla, Cleofé Campuzano, Dana Díaz, Esther Xeix, Illa Bufarda, Iria Acevedo, Iria Sobrado, Julia Ferradas, Margherita Morello, Mariña Pérez Rei, Monica Rey Cabezudo, Olaia Otero,Tabaré Santellán.








gestión cultural