top of page

Xornada

ESPAZOS EN ÓRBITA AO REDOR DA MULLER

"Adoramos Ser Atómicas, Constructivas, Corporativas, adoramos o Picante, a Ciencia Ficción, a Acción e o Desencadenante, o Revulsivo e os Antioxidantes, Con e Sen, pero mellor SEN Condicionantes/ Sen Restriccións / Sen Limitacións Todos e Todas sen exclusións creando xuntos/as porque sumando somos mellores."

Evento de creación horizontal e colaborativa que se constrúe
sumando experiencias e miradas femininas.
Poesía, arte, música, performance, videocreación,
talleres abertos de creatividade, amigas e amigos, nun enredo convocado para gozar, compartir e sumar.

Participan os artistas: Ana Costas, Ana Dorrego, Ana Hermida, “A Banda da Loba”, Esther Xeix, Gosia Trebacz, “Invertebrados”, Iolanda Aldrei, Iria Acevedo, Kirenia C. Martínez, Lupe Vázquez, Paula Quintas, Petronila Daza, Rosalía Fernández Rial, Xan Eguía, YOCreo Teatro.

 

O proxecto é a II Edición de Xornadas de Arte dedicadas a Muller. Unha porposta autoxestionada que nace do interese dos distintos axentes culturais. Adriana Pazos Ottón artista e xestora cultural coordina a proposta. Agrupando a colaboración do Espazo "Os Catro Gatos" / "OlaLab Acción Cultural" / e " A Cantina do Couto Mixto"

gestión cultural

bottom of page